Admisión 17_18

Prazo de presentación : 01/03/2017 – 20/03/2017.

Presentación da solicitude de admisión: do 1 ó 20 de marzo de 2017. *Ínformación dos prazos para a tramitación dos procedementos de matrícula do alumnado para o próximo curso 2017/18 no último parágrafo do apartado documentación.

Modelo de solicitude

 Documentación:
  • O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude (Anexo II) de admisión a seguinte documentación:
    • a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a consulta.
    • b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
    • c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.
    • d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  • *Os prazos para a tramitación dos procedementos de matrícula do alumnado para o próximo curso 2017/18 son os que se indican a continuación:
    – Formalización de matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño (Anexo III-1).
    – Formalización de matrícula en ESO e Bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo (Anexos III-2 e III-3, respectivamente).
    – Prazo extraordinario de matrícula en ESO e Bacharelato: 1-10 setembro (Anexos III-2 e III-3, respectivamente).

A onde acudir:

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE CENTROS

SAN CAETANO S/N
15711 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981546516

OBXECTO:

Desenvolver o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, e o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, presentará a solicitude que deberá axustarse ao modelo normalizado do anexo II da orde de modificación.

Beneficiarios:

Alumnos de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato.

Requisitos:

Unha vez adxudicados os postos escolares ao alumnado que teña garantía de permanencia ou que goce de prioridade por proceder de centro adscrito, o número de solicitudes é superior ao de postos dispoñibles, aplicaranse os seguintes criterios para establecer unha orde de prioridade:

a) Existencia de irmás/áns matriculadas/os no centro.

b) Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro.

c) Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es.

d) Renda anual per cápita da unidade familiar.

e) Condición de familia numerosa.

f) Condición de familia monoparental.

g) Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en nai, pai, titora, titor, irmá ou irmán do alumnado.

h) Ademais, para as ensinanzas do bacharelato terase en conta o expediente académico do alumnado.

i) Criterios establecidos por cada centro educativo, consistentes noutras circunstancias relevantes e xustificadas, de acordo con criterios obxectivos, que deberán ser publicados coa necesaria antelación ao inicio do proceso de admisión.

AUTONÓMICA

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 22 do 1 de febreiro de 2017).

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s